A Femp destaca o esforzo e a contribución dos concellos á creación de emprego



Nunha roda de prensa ofrecida para analizar os resultados do Fondo Estatal de Investimento Local, Pedro Castro manifestou que o descenso do emprego rexistrado no mes de maio é un “síntoma inequívoco” de que os investimentos que se están acometendo nos municipios comezaron a notarse e pon de manifesto a capacidade que teñen os Concellos para engraxar a actividade económica. O Presidente da FEMP informou que nestes momentos os postos de traballo xerados polo Fondo Municipal chegan aos 351.000 cando aínda quedan por comezar uns 6.000 proxectos, un 20% do total dos presentados. Estas cifras supoñen que xa se superaron, en máis dun 26%, os empregos inicialmente previstos para a totalidade de proxectos, cunha previsión de 278.446 postos de traballo directos. Con estes datos, dixo, esperamos que ao finalizar a aplicación deste Fondo os resultados sexan un 40% mellor que o previsto ao principio, e chégu