FERNÁNDEZ ANUNCIA QUE A FEGAMP CREARÁ UNHA SECCIÓN QUE IMPULSE E COORDINE A IMPLICACIÓN DOS CONCELLOS NA COOPERACIÓN E O DESENVOLVEMENTO



Santiago, 05 de abril de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, anunciou aos delegados da Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento que o organismo municipalista está a estudiar a creación dunha sección específica, dentro da propia estrutura de traballo, que coordine as relacións coas ONGs, o Fondo Galego de Cooperación para o Desenvolvemento e a Solidariedade e as demais administracións.

 

Fernández Castro salientou o compromiso da Fegamp co impulso da participación dos concellos e as deputacións na axuda ao desenvolvemento dos pobos do Sur, mediante o asesoramento técnico preciso e a participación en programas de descentralización e fortalecemento institucional así como colaborando con asociacións municipais dos pa&iac