Santiago, 13 de setembro de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, ven de facer unha valoración positiva do documento sobre financiamento aprobado por unanimidade no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp).
Salienta Fernández que o devandito documento reflicte a unidade do movemento municipalista español, dentro do que se atopa a federación galega. Invita á reflexión sobre a importancia de que municipios de todas as CCAA, de todos os tamaños e con representación de todos os partidos están presentes na sinatura desta resolución, e, con eles a representación galega.