Ferramentas de Análise económica e financeira das Comunidades Enerxéticas

Data: 

mércores, 4 Decembro, 2024 (Todo o día)

 

 O OEGA, en colaboración co proxecto EC4RURAL, publica uns materiais de utilidade para a elaboración do plan de viabilidade económica e para a análise económica dunha comunidade de enerxías renovábeis de acordo coa normativa existente en España no momento actual.

 

Estas ferramentas foron creadas a partir da linguaxe e os comandos propios da utilidade Excel, de Microsoft. Consisten en varias follas Excel que, integradas nun único libro, son útiles para obter unha estimación dos resultados económicos esperados e unha avaliación dos resultados económicos observados dunha iniciativa enerxética comunitaria.

Ofrécese en código aberto, sendo libremente accesible, se ben con algunhas follas ocultas para garantir que a súa estrutura global non poida ser modificada e, dese xeito, non perda a súa utilidade. Sen prexuízo disto, calquera usuaria pode facernos chegar (observatorio.eolico@uvigo.gal) as súas consideracións para a súa continua mellora.

As ferramentas analíticas van acompañadas de cadansúa guía práctica. Tamén son accesíbeis libremente. Ferramentas e guías están dispoñíbeis unicamente en galego e inglés. Aquí a versión en galego.

Documentos referidos ao Plan de Viabilidade Económica:

  1. Guía práctica:

2. Ferramenta Excel:

 

Documentos referidos á Avaliación Económica:

  1. Guía práctica

2. Ferramenta Excel: