Ferrol pide á FEGAMP que demande á Xunta máis fondos para servizos sociais e un mellor reparto de competencias

Data: 

luns, 17 Febreiro, 2020 (Todo o día)

O presidente da FEGAMP Alberto Varela reuniuse esta tarde co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, para tratar diversos temas de interese municipal, como a situación dos servizos de axuda á dependencia.

Na comparecencia posterior ante os medios Mato explicou que os custes veñen incrementándose considerablemente ao longo dos últimos anos sen que dende a Administración autonómica aumentara a contribución aos concellos, e puso como exemplo que o prego de axuda a domicilio que o Concello vai sacar a concurso “vai saír cun prezo de 18 ou 19 euros por hora”, 7 ou 8 máis do que se viña pagando ata agora.

O alcalde de Ferrol entende que esto dificulta a prestación duns servizos públicos que entende “teñen que ser asumidos por parte da Xunta” e pediu que se incremente a participación orzamentaria para estes servizos.

Nesta liña Alberto Varela e Ángel Mato abordaron a problemática do reparto de competencias. Tamén falaron da taxa de reposición de persoal, a utilización dos remanentes e a situación de Fondo de Cooperación Local. Alberto Varela sinalou que hai que traballar para modificar o reparto tengo en conta que os galegos son os municipios de España que poñen máis cartos para os servizos sociais, nunha
proporción que cuantificou nun 87 %. 

En canto á situación específica de Ferrol, ambos insistiron na necesidade dunha política de investimento na comarca para mellorar o tecido industrial co obxectivo de xerar emprego. Para conseguilo, Varela ofreceuse a “poñer a Fegamp a disposición do alcalde de Ferrol”.