A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos.Egap

Data: 

martes, 27 Abril, 2021 (Todo o día) a xoves, 29 Abril, 2021 (Todo o día)

A EGAP abre un novo prazo de matrícula para o curso "A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos".A nova data de inscrición comezará o 14 de abril ás 8 horas e rematará o 20 de abril ás 14 horas.
 

O curso xirará entorno á nova figura a implantar nos concellos galegos do “Promotor de exercicio físico e saúde”. Entre outros aspectos, abordaránse as funcións a desenvolver por parte do/a Promotor/a dentro do seu concello, o seu perfil formativo, as ferramentas que dota a administración autonómica para o seu traballo diario, a configuración de traballo en rede cos centros de saúde, a avaliación da condición física, prescrición de actividade física e seguimento da prescrición nos/as usuarios/as do servizo, etc.

Programa e máis información:https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/LO21006