Fin de prazo curso gratuito de formación FINANACIAMENTO COMUNITARIO

Data: 

luns, 10 Setembro, 2018 (Todo o día)

Informámoslle que a Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario e seis prazas de cada edición están reservadas para persoal dalgunha das entidades locais galegas, que ofrecerá ormación dirixida ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

 

Celebración do curso

A primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago os días 11 e 12 de decembro, para a primeira edición, e 13 e 14 decembro, para a segunda a edición.

 

Contido de TecEuropa

O programa TecEuropa está composto por unha parte teórica, que se desenvolverá na oficina da FGE en Bruxelas, e unha parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar, durante a estancia en Bruxelas, as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento.

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de setembro, e as mesmas se realizarán preferentemente de maneira telemática (código do procedemento: PR816A). A presentación electrónica é obrigatoria para os empregados públicos.  

Poden atopar máis información na seguinte ligazón ou, se teñen calquera dúbida, contactar na seguinte dirección:  fundación.galicia.europa@xunta.gal