Data:
A Federación Galega de Municipios e Provincias e o GDR Montes e Vales Orientais están a colaborar estreitamente na execución do proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente, cofinanciado pola Secretaría General para el Reto Demográfico a través da convocatoria de subvencións para a financiación de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra a despoboación do ano 2022.
Así, no marco das actuacións previstas no proxecto, o vindeiro día 26 de abril, en A Fonsagrada desenvolverase a xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural, na que participarán diferentes axentes do territorio dando conta da súa experiencia ao tempo que se poñerán en valor as distintas actuacións e recursos que se están desenvolver dende o proxecto. E logo do xantar-networking, visita á iniciativa agroecolóxica da Cooperativa Ribeira do Navia.
>>> INSCRÍBETE AQUÍ!