Data:
O proxecto RETTURN persigue innovar e transformar o concepto de “turismo rural” e céntrase en dar resposta a unha gran problemática como é a perda do patrimonio inmaterial xerada principalmente pola despoboación das zonas rurais. Busca xerar novas experiencias centradas na posta en valor de tradicións rurais en perigo de extinción, xerando oportunidades socioeconómicas coas que enfrontar o reto demográfico.
Ao tempo, RETTURN tamén persegue dotar aos axentes dos territorios rurais de habilidades e capacidades para o aproveitamento turístico do recursos tradicionais endóxenos e xerar redes de actores que colaboren e contribúan á identificación e construcción de novos recursos turísticos.
A acción formativa "Capacitación de Dinaminadores de Turismo Rural Comunitario" promovida no marco de RETTURN, achega aos axentes turísticos do territorio e ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto turístico a oportunidade de adquirir competencias para xerar productos turísticos revitalizadores das tradicións e cultura locais que incorporen coñecemento, valores e modos de vida tradicionais da comunidade rural.
CANDO: 6, 7 e 8 de setembro.
ONDE: Piornedo, Ancares. (Punto de encontro na Escola de Piornedo)
PARA QUEN: Axentes turísticos do territorio e persoas interesadas en formarse para desenvolver ou traballar en proxectos de turismo rural
CUSTE: Gratuíto
INSCRICIÓN ONLINE |
Programa <<Capacitación de Dinamizadores de Turismo Rural Comunitario>>
06/09/2024 | 07/09/2024 | 08/09/2024 |
11:00 horas. Benvida de participantes na escola de Piornedo. Entrega de materiais. Visita guiada ao pobo de Piornedo, conducida por Asociación Teitos de Piornedo
12:30 horas. Presentación do curso Lucía González Louro, FEGAMP
12:45 horas. Que é unha experiencia turística? Que é unha experiencia vivencial? Recursos turísticos locais que revalorizan o patrimonio e poden constituir unha experiencia Fe Álvarez, Xeodestino Ancares Terras de Burón.
13:30 horas. Presentación do Programa “Da escola á granxa” e visita a unha gandeiría Carlos A. Rodriguez. Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
14:30 a 16:30 horas. Identificación de sinerxías entre a gastronomía tradicional local e as experiencias turísticas baseadas na tradición rural do territorio. Dinámica participativa. Cooperativa A Carqueixa - Román Sánchez e Antonio del Pueblo.
16:30 a 19:00 horas. Sustentabilidade turística. Aproximación teórico práctica ao ecoturismo
Ana Llano, presidenta da Asociacion Española de Ecoturismo y da Asociación de Turismo Rural Fuentes del Narcea. Titular dun negocio de turismo. Lena Alvarez, secretaria da Asociación de Turismo Rural Fuentes del Narcea. Titular dun negocio de turismo.
19:00 a 21:00 horas. A flora e a fauna de Ancares-Terras de Burón como recursos de valor na construcción de experiencia turísticas baseadas na tradición rural do territorio. Marcos Reinoso, Pía Páxaro
21:00 horas. Construcción dunha experiencia etnográfica: cultura e tradición nunha palloza. Relato dunha experiencia turística temática relacionada coa música tradicional. Polavila. Carlos Díaz Herrera, Naviaventours |
10:00 a 20:00 horas. Innovación e emprendemento. Calidade e accesibilidade. Oportunidades de financiación
Durante a sesión formativa traballarase sobre a incorporación a diferentes paquetes turísticos dun día ou dunha fin de semana, con perspectiva de innovación, accesibilidad e calidade: -Unha pequena ruta de gandeiría transhumante -Unha experiencia en torno aos teitos de palla nunha palloza museo -Unha experiencia gastronómica nunha casa local -Unha visita guiada ao pobo de Piornedo Cristina Collazo e Pablo Conde, Volta Montana
21:00 horas. Construcción dunha experiencia Startlight con base nas tradicións rurais locais. Identificación de recursos turísticos complementarios. Astronomía ligada aos traballos e saberes tradiconais. Posta en valor da Reserva da Biosfera Ancares. . Construcción dunha ruta astronómica, destacando os elementos tradicionais dende Piornedo ata o punto de observación Starlihgt. Alberto Uría, El País del Abeyeiro Carlos Díaz Herrera, Naviaventours
|
10:00 horas. Dixitalización do sector turístico
Ana Díaz Pérez, Arela Comunicación Sostible
14:00 horas. Dinámica participativa de comercialización dixital: Sara Torreiro, Casa Grande de Xanceda
16:00 horas. Peche da formación
|