Fundación INCYDE - Convocatoria para axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+): Programa de Emprendemento Xuvenil (PEJ) 2021-2027 e Programa ÉFESO 2021-2027. Prazo: 12-10-2026

Data: 

mércores, 23 Setembro, 2026 (Todo o día) a luns, 12 Outubro, 2026 (Todo o día)

 

Convocatoria para axudas cofinanciadas polo fondo Social Europeo Plus (FSE+)

A Fundación INCYDE informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de financiamento destinadas á execución de operacións cofinanciadas polo fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco dos programas:

•Programa de Emprendemento Xuvenil (PEJ) 2021-2027

•Programa de Emprego, Educación, Formación e Economía Social (ÉFESO) 2021-2027

As operacións seleccionadas poderán executarse nas comunidades e cidades autónomas de España correspondentes ás seguintes categorías de rexión:

1.Rexión Máis Desenvolvida: Aragón, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco.

2.Rexión de Transición: Asturias, Cantabria, Castela e León, Comunidade Valenciana, Galicia, Illas Baleares, Illas Canarias, A Rioxa, Región de Murcia.

3.Rexión Menos Desenvolvida: Andalucía, Castela-A Mancha, Ciudad Autónoma de Ceuta, Ciudad Autónoma de Melilla, Estremadura.

Obxecto

A selección realizarase en réxime de concorrencia competitiva, garantindo os principios de publicidade, transparencia e obxectividade, de operacións destinadas a:

•Execución de proxectos no marco do Programa Emprego Xuvenil (PEJ)

-Itinerarios de Emprendemento Xuvenil

•Execución de proxectos no marco do Programa ÉFESO, centrados en:

-Autoemprego e iniciativas empresariais

-Reciclaxe profesional

-Reorganización e transformación dixital para PEMES

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as entidades públicas ou privadas, fundacións e institucións sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e non se atopen incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Orzamento e cofinanciamento

O importe mínimo de gasto por operación será de 200.000 euros. O cofinanciamento do FSE+ será:

•40% para as rexións Máis Desenvolvidas.

•60% para as rexións de Transición.

•85% para as rexións Menos Desenvolvidas.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria.

Máis Información

O texto completo da convocatoria está dispoñible na páxina web da Fundación INCYDE.

As solicitudes presentaranse exclusivamente por vía telemática en: https://incyde.org/organismo-intermedio-fse/convocatorias

 

Descargas: