Galicia 2030: Programa de formación e implementación da Axenda 2030 e os ODS en Galicia

Data: 

xoves, 7 Abril, 2022 - 17:00 a xoves, 26 Maio, 2022 - 19:00

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias, a Uned e a entidade social Fuertes Razones asinamos un convenio de colaboración o 18 de marzo de 2021 co obxecto de promover o desenvolvemento de políticas públicas nas entidades locais galegas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU.

Esta iniciativa, incardinada no obxectivo 17 da Axenda 2030, Alianzas para lograr obxectivos, contribúe dar cumprimento aos compromisos adquiridos polos asinantes da Axenda 2030, ao establecerse alianzas entre organizacións de ámbitos diversos para acadar os 17 Obxectivos e as 169 metas que han de rexer os programas de acción económica, social e ambiental dos gobernos estatais, autonómicos e locais.

No marco deste convenio, a Fegamp promove a acción “Galicia 2030: Programa de formación e implementación da Axenda 2030 e os ODS en Galicia”, en colaboración coa UNED e a entidade social Fuertes Razones. Esta iniciativa formativa aspira a dotar ás entidades locais galegas de ferramentas para a incorporación dos ODS nas súas políticas públicas e á creación de espazos de colaboración e posta común dos axentes directamente involucrados no deseño e aplicación desas políticas.

 

Galicia 2030: Programa de formación e implementación da Axenda 2030 e os ODS en Galicia
Datas  e horario: Do 7 de abril ao 26 de maio de 2022
De 17:00 a 19:00 h.
Lugar: Centro Asociado a la UNED en Pontevedra
Asistencia online en directo ou en diferido. Horas lectivas: 26 Prazas limitadas.

Dirixido a: Personal técnico e responsables políticos das entidades locais galegas e as súas agrupacións (mancomunidades, consorcios...).

Metodoloxía:

  • En directo a través de Microsoft Teams. Os participantes rexistrados reciben a información de acceso na dirección de correo electrónico que indican ao matricularse.
  • En diferido. Os participantes reciben as gravacións de cada unha das sesións do curso no prazo máximo de tres días a partir da súa gravación.

Coordinado por: Rafael Cotelo Pazos, Coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais do Centro Asociado á UNED en Pontevedra

Impartido por: Daniel Vigo Blanco, Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidad de Santiago de Compostela.  Master en Cooperación Internacional e Xestión de ONGDs pola Universidad de Santiago de Compostela.

Avaliación e acreditacións: A avaliación basearase na participación activa dos asistentes durante todas as sesións de formación. A acción formativa será acreditada pola UNED.

enlightenedenlightened FORMULARIO DE INSCRICIÓN

MÁIS INFORMACIÓN: lucia.gonzalez@fegamp.gal, teléfono 981 559 999 extensión 3212 || info@fuertes-razones.org

 

PROGRAMA

xoves, 7 de abril

17:00-19:00 h

Axenda 2030 e Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles da ONU. Nacións Unidas, Unión Europea, Goberno de España, Xunta de Galicia e Concellos. Lexislación. Diagnóstico Participativo de Necesidades Entidades Locais.

venres, 8 de abril

17:00-19:00 h. 

Vantaxes políticas e oportunidades económicas para as entidades locais. Competencias das entidades locais para a consecución dos ODS. Principais plataformas internacionais de traballo entre concellos. Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS.

xoves, 21 de abril

17:00-19:00 h. 

ODS1: Fin da pobreza. Metas, Indicadores e políticas Públicas.
ODS2: Fame Cero. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 1 e 2.

venres, 22 de abril

17:00-19:00 h.  

ODS3: Saúde e Benestar. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS4: Educación de calidade. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 3 e 4.

xoves, 28 de abril

17:00-19:00 h. 

ODS5: Igualdade de Xénero. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS6: Saneamento e Auga Limpa. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 5 e 6.

venres, 29 de abril

17:00-19:00 h. 

ODS7: Enerxía alcanzable e non contaminante. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS8: Traballo decente e crecemento e económico. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 7 e 8.

 xoves, 5 de maio

17:00-19:00 h.

ODS 9: Industria, Innovación e infraestrutura. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS10: Redución das desigualades. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas ao ODS 9 e 10.

venres, 6 de maio

17:00-19:00 h. 

ODS11: Cidades e comunidades sostibles. Metas, indicadores e Políticas Públicas. Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas ao ODS 11. Resultados Diagnóstico Participativo.

xoves, 12 de maio

17:00-19:00 h. 

ODS12: Produción e consumo responsables. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS13: Acción polo clima. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 12 e 13.

venres, 13 de maio

17:00-19:00 h. 

ODS14: Vida submarina. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS15: Vida de ecosistemas terrestres. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 14 e 15.

xoves, 19 de maio

17:00-19:00 h.  

ODS16: Paz, Xustiza e Institucións sólidas. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
ODS17: Alianzas para lograr os obxectivos. Metas, indicadores e Políticas Públicas.
Taller de elaboración de proxectos e políticas públicas orientadas aos ODS 16 e 17.

venres, 20 de maio

17:00-19:00 h. 

Recepción de políticas públicas orientadas ás metas ODS por parte dos asistentes.

xoves, 26 de maio

17:00-19:00 h. 

Constitución dunha plataforma de acción colectiva e colaborativa das entidades locais orientada ao impulso da Axenda 2030 e os ODS para o período  2022-2030.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
 Durante todo o proceso de formación os asistentes terán á súa disposición semanalmente os seguintes servizos:
  • Documentación e resolución de cuestións individualizadas semanalmente de Abril a Xuño.
  • Asesoramento e consultoría durante a formación para aliñamento dos ODS Políticas Públicas municipais semanalmente de Abril a Xuño.
Encontro entre todos os asistentes para posta en común de experiencias previsto para o venres 3 de Xuño.

 

Descargas: