Galicia e Norte de Portugal colaborarán en materia de inspección laboral e crearán protocolos comúns de actuación



Galicia e a zona norte de Portugal colaborarán en materia de inspección laboral e crearán protocolos comúns de intervención, para o que comezarán a enquisar aos axentes sociais e económicos dun e outro lado da fronteira co fin de analizar cáles son as condicións de traballo actuais.

   O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, presentou hoxe o proxecto --dirixido ás autoridades laborais, traballadores e empresas-- xunto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández; o subdelegado do Instituto do Emprego e Formaçao Profissional, Delegaçao Regional do Norte (IEFP - Norte), José Manuel Castro e o director da Autoridade para ás Condiçoes de Traballo, Luis de Castro.

   O obxectivo, dixo Martiñá, é desenvolver un traballo conxunto para "mellorar a calidade l