Data:
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024.-Con motivo das novas obrigas derivadas da Directiva 2018/851 e do artigo 11 da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular , a Federación Galega de Municipios e Provincias FEGAMP ven de enviar a todos os concellos galegos a “Guía de apoio para elaboración, tramitación e aprobación de ordenanzas fiscais en materia de residuos”, elaborada en colaboración coas persoas expertas universitarias Gemma Patón e Juan José Pernas, catedrática de Dereito Financeiro na UCLM e profesor de Dereito Administrativo na UDC.
Con esta guía a FEGAMP achega aos concellos toda a información práctica necesaria para que elaboren e aproben a ordenanza municipal de xestión de residuos, tendo en conta que están obrigados todos os concellos e que teñen que tela en vigor antes do 10 de abril de 2025.
Xunto coa guía, tamén se achegou aos concellos dous modelos de ordenanza (elemental e avanzado), xunto cos informes técnico - económicos correspondentes, para facilitar todo o posible a xestión deste procedemento aos concellos.