GUÍA DE DEREITOS, RECURSOS E SERVIZOS PARA AS MULLERES GALEGAS

Data: 

martes, 14 Febreiro, 2023 (Todo o día) a domingo, 31 Decembro, 2023 (Todo o día)

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias presenta este recurso elaborado coa axuda de Red Talento Consultoras, e que está dispoñible na web en formato aberto e libre para que todo aquel que lle interese a poda consultar, descargar ou compartir; ademais para apoiar ás persoas que traballan nos concellos, nos servizos sociais, en educación, en saúde, en seguridade ou emprego, entre outros.

Agora que se aproxima o 8 de marzo, Día Internacional da Muller e, polo tanto, conmemorativo da Igualdade entre mulleres e homes, dende as entidades públicas debemos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade sexan reais e efectivas.

 

Esta Guía de información, prevención e sensibilización dende as entidades locais recolle entre outras cuestións temas tan importantes como:

  • Os dereitos laborais específicos das traballadoras vítimas de violencia de xénero.
  • A conciliación, un asunto público.
  • O dereito de familia.
  • Enderezos  a nivel estatal, autonómico e local.
  • Enderezos e datos de contacto dos Centros de Información á Muller de Galica (CIM).
  • Glosario

Descargas: