I CONGRESO DA REDE LOCALIS

Data: 

martes, 20 Xuño, 2017 (Todo o día) a mércores, 21 Xuño, 2017 (Todo o día)

A Rede Localis (www.redlocalis.com) e GEN+ (www.genplus.es) organizan o I Congreso de la Red Localis, os días 20 e 21 de xuño de 2017 na cidade de Ourense. O tema central elexido para esta primeira edición é As entidades locais ante a transparencia e a innovación”.

O congreso consta de catro paneis, con expertos ponentes do mundo académico e profesional, así como unha sesión especial na cal participarán representantes políticos e dos medios de comunicación, relacionados co sector público local. O congreso complétase con varias sesións paralelas onde se presentarán as comunicacións recibidas e aceptadas polo Comité Científico (máximo de 27 traballos).  Os Comités Científico e Organizador  invitanlles a enviar o título e resumo antes do 17 de marzo ao correo infogen@uvigo.es.

Os temas son libres, obviamente sobre o mundo local, con preferencia para os máis relacionados co tema central do congreso, aínda que non de forma exclusiva. Co único ánimo de incentivar a participación, a continuación, enúncianse como suxerencia-marco os títulos dos paneis:

  • Compra pública innovadora e colaboración público-privada.
  • Transparencia, bo goberno e participación cidadá.
  • Administración electrónica para a eficiencia e a economía.
  • A calidade nos servizos públicos de ámbito local.

O prazo para enviar as propostas de comunicacións finaliza o 17 de abril. Deberán enviarse a texto completo, para un tempo de exposición previsto de 10 minutos, máis 5 minutos de comentarios a cargo dunha persoa designada ao efecto e outros 5 minutos de debate xeral cos participantes. A extensión máxima será de 20 folios, incluíndo figuras, cadros, gráficos, referencias bibliográficas e anexos. Utilizarase un tipo de letra Times New Roman a 12 puntos, con interlineado a 1,5 puntos.

O Comité Científico decidirá sobre a aceptación das comunicacións na primeira semana de maio, comunicando de inmediato a súa decisión ás personas interesadas.

A inscrición ao congreso é gratuita en todos os casos, se ben debe formalizarse antes do 24 de maio, seguindo o disposto na páxina web da Rede Localis.

Para facilitar a loxística do congreso, rógase o envío do título da proposta de comunicación e un resumo dun folio antes do 17 de marzo ao correo infogen@uvigo.es.

- Ata o 17 de Marzo: Envío de resumos

- Ata o 17 de abril: Envío documento completo

- Do 1 ao 7 de maio: Decisión do Comité Científico

- Ata o 24 de maio: Inscrición 

- 20 e 21 de xuño: Celebración do Congreso 

 A Rede Localis é unha rede sobre o municipalismo, da que forman parte profesores e investigadores das tres universidades galegas e profesionais do mundo local en Galicia. A Rede Localis busca convertirse nun foro de reflexión sobre a xestión do municipalismo, co obxectivo de transferir coñecemento desde as universidades e a administración local para mellorar o debate público sobre temas de interese local.

GEN+ é unha plataforma de transferencia de coñecemento no ámbito da economía e a gobernanza públicas, con interese particular no federalismo e a descentralización. GEN+ nace como unha extensión do Grupo de investigación GEN (Governance and Economics research Network) da Universidade de Vigo. A súa forma xurídica é a dunha asociación sen ánimo de lucro. GEN+ organiza conferencias, encontros e seminarios. Tamén elabora informes de carácter público. Para desenvolver as súas actividades, GEN+ colabora de forma estable ou puntual con diversas institucións públicas e privadas.

MAIS INFORMACION : http://redlocalis.com/congreso/