I ENCONTRO DE ALCALDESAS - O PODER DE FACER AS COUSAS BEN

Data: 

xoves, 19 Maio, 2022 - 17:00

O concello de A Coruña acollerá o vindeiro 19 de maio, na sede do Palexco (A Coruña), o I Encontro de Alcaldesas que ten como obxectivo reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal.
 

O debate enfocarase sobre a presenza da muller en postos de responsabilidade dende a perspectiva local e daranse cita alcaldesas de cidades de máis de 100.000 habitantes como Xixón, Hospitalet, Cartagena ou Sabadell así como as alcaldesas de Castellón, Alcorcón, Santa Coloma de Gramanet ou Barakaldo, entre outras.

Tamén participarán na xornada outras mulleres relevantes na toma de decisións a nivel nacional como Isabel Rodríguez, Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno; Ana Pastor, Vicepresidenta Segunda do Congreso; ou Carmen Calvo, Presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso.

Axenda

A xornada comezará cun encontro das alcaldesas no Concello onde se asinará a Declaración de María Pita, e a partir das 17.00 h en Palexco terá lugar o foro de debate.

Celebraranse dúas mesas redondas sobre a igualdade nos concellos e o papel das mulleres na toma de decisións, un diálogo entre a ministra de Política Territorial e a alcaldesa da Coruña, e a clausura contará coa participación de Ana Pastor, Vicepresidenta do Congreso dos Deputados e coa Conselleira de Igualdade e Emprego, María Jesús Lorenzana.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do encontro 264.66 KB