I XORNADA INFORMATIVA "O PROGRAMA CIDADES AMIGAS DA INFANCIA EN GALICIA

Data: 

venres, 2 Xuño, 2017 (Todo o día)

A FEGAMP, en colaboración coa Conselleria de Política Social da Xunta de Galicia e UNICEF Comité Galicia teñen o pracer de convidarlle á Xornada informativa: Cidades Amigas da Infancia en Galicia, que terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 9:00h na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela.

O Programa Cidades Amigas da Infancia (CAI) ten o obxectivo de impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implementación deste programa, contribuirase a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.

Esta xornada ten como finalidade compartir o proceso do programa en Galicia, dar a coñecer as bases do novo Selo de recoñecemento CAI, así como mostrar a experiencia en municipios que xa están a traballar no programa en Galicia e o Principado de Asturias.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada305.39 KB
Fegamp