I XORNADA MUNICIPAL DO AUTOCARAVANISMO EN GALICIA: APOIANDO A INTEGRACIÓN

Data: 

martes, 22 Marzo, 2022 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), organiza esta Xornada co obxectivo de buscar solucións á hora de ordenar o turismo de autocaravanas. Son cada vez máis os Alcaldes que fan chegar a súa preocupación polo incremento deste tipo de turismos, que aumentou exponencialmente dende a pandemia e que a día de hoxe repercute negativamente na vida diaria de moitos municipios, sobre todo na época estival.

Terá lugar o vindeiro martes 22 de marzo de 2022 a partir das 9:00 horas no Cine Teatro Alfonsetti (Betanzos)

Por tal motivo, a FEGAMP tamén elaborou unha Ordenanza Municipal tipo que foi remitida aos 313 concellos de Galicia para que, na medida das súas posibilidades, fose adaptada. Mais somos conscientes de que non é suficiente.

Toda esta problemática está afectando de xeito xeral aos Concellos e de xeito particular tamén aos veciños que denuncian a ocupación de prazas de aparcamento para turismos e, unha vez máis, o uso inaxeitado dos espazos públicos.

Estarán representados, ademais das administracións implicadas, as asociacións máis representativas de autocaravanistas.

Gustaríanos que, nos acompañase nesta xornada para poñer en común e clarexar aquelas cuestións que dependen do seu organismo. No caso de que por motivos de axenda ou de mobilidade non puidera achegarse, facilitarémoslle un enlace no que poderá seguir a xornada telemáticamente.

Prema na seguinte ligazón para realizar a súa inscrición:  https://fegamp.gal/content/i-xornada-municipal-do-autocaravanismo-en-galicia-apoiando-integracion

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada163.2 KB