Data:

Os días 23 e 24 de marzo celebrase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos/ás cidadáns/ás", organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, e co Consello Superior de Letrados e avogados de Comunidades Autónomas.
O Encontro enmárcase no conxunto de actuacións que se están a levar a cabo desde a Xunta de Galicia para o establecemento de instrumentos de cooperación e iniciativas coordinadas cos diferentes niveis de Administración: local, autonómica e estatal, co obxectivo de acadar unha carteira de servizos dixitais de calidade, eficientes e seguros no territorio autonómico.
En concreto, poranse en común o impacto do novo marco normativo en materia de Administración Electrónica (leis 39/2015 e 40/2015) no funcionamento das Administracións Públicas, así como as liñas de colaboración entre as distintas administracións, que permitirán unificar esforzos no desenvolvemento da Administración Electrónica. O Encontro permitirá, ademais, establecer un foro no que debater temáticas de interese común e actualidade no eido da Administración Pública.
Este evento vai dirixido ao persoal da administración estatal, autonómica e local.
Mais información prema aquí.
Pode descargar o programa e inscribirse ao encontro (inscrición gratuíta) premendo nos correspondentes enlaces: