III XORNADAS FORMATIVAS DE CIDADES AMIGAS DA INFANCIA EN GALICIA “Unha aposta clave para promover o enfoque de Dereitos de Infancia no ámbito local"

Data: 

mércores, 11 Decembro, 2019 (Todo o día)

A FEGAMP, en colaboración con UNICEF Comité Galicia e a Consellería de Política Social teñen o pracer de convidarlle ás III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia “Unha aposta clave para promover o enfoque de Dereitos de Infancia no ámbito local” que terá lugar o vindeiro mércores 11 de decembro no Pazo de Quian, no Concello de Boqueixón.

O Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF ten o obxectivo de impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implementación deste programa, contribuímos a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.

Actualmente 9 concellos de Galicia xa contan co recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia, pero queremos que este enfoque de traballo sexa unha realidade en máis concellos, co fin de mellorar o benestar dos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade. Para elo, convidámosvos a participar nestas xornadas nas que compartiremos a realidade presente no noso territorio, as ferramentas para mellorar as políticas de infancia no ámbito municipal e algunhas boas prácticas expostas desde diferentes concellos.

Polas materias a tratar é recomendable a asistencia de alcaldías, concelleiros/as e técnicos con competencias en materia de infancia, familia ou servizos sociais, así como profesionais de entidades que desenvolvan o seu labor profesional no ámbito dos servizos sociais, educación ou protección de menores.

Para consultar as vosas dúbidas podedes contactar con UNICEF Comité Galicia: galicia@unicef.es e no 91 378 86 04.

As vosas inscricións poderedes facelas a través deste enlace dende hoxe mesmo: https://ciudadesamigas.org/11-de-diciembre-iii-jornadas-formativas-de-ciudades-amigas-de-la-infancia-en-galicia/