INFORMACIÓN EN MATERIA DE ORGANIZACIÓN DE FESTAS E VERBENAS POPULARES.

Normativa básica de aplicación

- Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

- Capítulo III da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e competitividade económica de Galicia.

- Artigo 37 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais.

- Decreto 292/2004, de 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, agás os seus artigos 4 e 7.

- Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Instrución 2/2018, do 26 de marzo, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión.

- Circular da Dirección Xeral de Administración Local, de 11 de xuño de 2014, asinada tamén pola Fegamp.

- Ordenanzas municipais (de existir), que terán carácter complementario respecto da Lei de espectáculos públicos.

Réxime de control administrativo

Se as festas ou verbenas as organiza o concello será innecesaria a comunicación previa, licenza ou autorización autonómica, con independencia  de quen sexa o titular do establecemento ou espazo onde se desenvolvan, iso sen prexuízo da necesidade de cumprir cos requisitos no seu caso esixibles (por exemplo en materia de plans de autoprotección).

Se as festas ou verbenas as organizan agrupacións, asociacións de veciños ou comisións de festas as persoas que representen as mesmas deberán presentar diante do concello unha declaración responsable na que reseñaran o programa de actividades a desenvolver e as súas características básicas. A dita declaración xuntarán copia do seguro de responsabilidade civil ou o documento de compromiso da súa contratación.

O modelo de dita declaración pode descargarse da páxina web da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) no seguinte enlace: http://cpapx.xunta.gal/verbenas-e-festas-populares

Mais información: http://cpapx.xunta.gal/introduccion-espectaculos

Se fose necesario a montaxe de instalacións serán os titulares das mesmas os que deberán presentar no concello a correspondente declaración responsable coa documentación que acredite a súa idoneidade técnica. Así mesmo deberán presentar - de ser o caso - o correspondente certificado de instalación eléctrica de baixa tensión (boletín eléctrico).

Supostos que esixen licenza

A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario ou a montaxe de instalacións para a súa celebración sempre que requiran dun plan de autoprotección necesitarán licenza municipal.

O plan de autoprotección solo será esixible en espazos pechados con capacidade igual ou superior a 2.000 persoas; instalacións pechadas desmontables ou de temporada con capacidade igual ou superior a 2.500 persoas; ao aire libre aquelas cando superen as 20.000 persoas.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

Uso de pirotecnia en terreos forestais ou de influencia forestal

En materia de pirotecnia ademais de solicitar os permisos gobernativos necesarios, deberán de obter a correspondente autorización municipal sempre que se usen fogos ou artefactos pirotécnicos en terreos forestais ou zonas de influencia forestal durante a época de perigo alto (do 1 de xullo ata o 30 de setembro). O concello deberá de comunicar aos distritos forestais as autorizacións concedidas (cunha antelación de 48 horas).