A iniciativa da FEGAMP "Cambia de Bando" chega a Marín

Data: 

xoves, 23 Outubro, 2025 (Todo o día)

Marín, 23 de outubro de 2025.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) prosigue cos traballos da iniciativa "Cambia de Bando" recalando, nesta ocasión, en Marín cunha actividade na que participaron unha vintena de mozos e mozas de máis de 14 anos do IES Illa de Tambo, e que comezou coas intervencións da alcaldesa, María Ramallo, e da secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán.

A actividade se organizaou en colaboración co persoal do IES, e co apoio do concelleira de Igualdade, Marián Sanmartín. Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese do Concello de Marín nesta iniciativa.

Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.

Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.

"CAMBIA DE BANDO" EN MARÍN