Intenso e frutífero traballo nas xornadas sobre a contratación pública da xestión dos residuos municipais promovida pola FEGAMP e o FIREC

Data: 

martes, 24 Setembro, 2024 (Todo o día)

Galería de videos:

FEGAMP INFORMA Nº4: “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais. FOGALEC”

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC. Inauguración. 23 setembro 2024.Santiago de Compostela

II Xornada Economia Circular Local FOGALEC. Mesa "Aspectos esenciais da xestión local de residuos"

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC. Mesa Preparación, adxudicación e execución dos contratos de recollida e transporte de residuos municipais"

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC. Mesa "Preparación dos contratos públicos de tratamento de residuos"

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC.Mesa "Datos, control de calidade, dixitalización e IA na execución dos contratos de recollida de residuos municipais"

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC. Mesa "Reserva de contratos e xestión de residuos téxtiles e de mobles e enseres"

II Xornada Economía Circular Local FOGALEC. Mesa "Experiencias locais na preparación de contratos de recollida de residuos"

 

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024.- Remataron as xornadas sobre “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas” logo de dous días de intenso traballo e cun importantísimo nivel de participación de profesionais e persoas expertas da realidade da contratación pública da xestión dos residuos municipais.

Estas xornadas estaban enmarcadas dentros dos traballos do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC), espazo promovido pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e polo Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular (Firec) da Universidade da Coruña. Os seus traballos versaron sobre o análise dos procesos contractuais da xestión dos residuos para desenvolver unha xestión estraéxica deses contratos, en liña coas pautas fixadas no ámbito europeo para a economía circular e na Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, así como no seu desenvolvemento normativo vixente e en proceso de aprobación.

Despois da inauguración das xornadas, a cargo do presidente da FEGAMP, Alberto Varela, da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría se sucederon seis sesións nas que se abordaron os principais asuntos vencellados coa contratación pública dos residuos.

A primeira mesa, baixo o título "Aspectos esenciais da xestión local de residuos e recursos, foi presentada e moderada por Juan José Pernas, coordinador das xornadas e profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de A Coruña, e contou coas intervencións de Josep María Tost Borrás, consultor e ex-director da "Agencia de Residuos de Catalunya", e de Alexandra Lirón, xefa de Área da Subdirección de Estudos e Informes do Departamento de Promoción da Competencia da CNMC.

Proseguiu a mesa "Preparación, adxudicación e execución dos contratos de recollida e transporte de residuos municipais" na que interviñeron Juan José Pernas; Simón Rego Vilar, conselleiro do Consello de Contas de Galicia, e Tomás Otero Ferreiro, presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, baixo a presentación e moderación de María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, profesora axudante doctora de Dereito Administrativo da "Universidad Complutense de Madrid".

Continuaron os traballos coa mesa "Preparación dos contratos públicos de tratamento de residuos", presentada e moderada por Carlos Amoedo, director da Cátedra de Dereito Local da Universidade de A Coruña, que contou coas intervencións de Guillermo González de Olano, abogado en Veolia España; Ximena Lazo, profesora titular de Dereito Administrativo da "Universidad de Alcalá de Henares", e Aleix Canals Compan, abogado.

Depois foi a quenda da mesa "Datos, control de calidade, dixitalización e IA na execución dos contratos de recollida de residuos municipais" coas intervencións de Benito Blanco, xerente de Proyectos en APPLUS; Miguel Varela, fundador de TEIMAS; Iván González Castro, de CANDAM, e de Itziar Sobrino García, doctora en Dereito e investigadora contratada do Proyecto ECIL, e que foi introducida e moderada por Jennifer Sánchez Gonzalez, profesora de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

O segundo día de traballo comezou coa mesa "Reserva de contratos e xestión de residuos téxtiles e de mobles e enseres" que contou coas intervencións de Jesús García Blanco, vocal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal); Ángel Álvarez, xefe de recollida da "Mancomunidad de la Comarca de Pamplona"; Herminio Martínez Lago, presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL) e de Isabel Fraga Castro, presidenta da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA). Esta mesa tamén contou coa presentación e moderación de Elena Barba Pan, da Xunta Consultiva de Contratación Pública da Xunta de Galicia.

De seguido tivo lugar a última mesa baixo o título "Experiencias locais na preparación de contratos de recollida de residuos", que foi presentada e moderada por Ángel Ruíz de Apodaca Espinosa, catedrático de Dereito Administrativo da "Universidad de Navarra", e na que interviñeron Lidia Bartra Celdrán, xefa de xestión de Servizos Públicos do "Ajuntament de Tarragona"; Miguel Ángel Negral Fernández, do Concello de Lugo; Joseba Sanchez Rodriguez, xefe do servizo de Xestión Ambiental, do "Ayuntamiento de Vitoria" e de José Manuel Guerrero Arona, vicesecretario do "Ayuntamiento de Utiel" e secretario da "Mancomunidad Tierra del Vino" e do "Consorcio Valencia Interior" (xubilado).

Estas xornadas se forman parte das iniciativas do Foro Galego Local de Economía Circular (FOGALEC), que vense desenvolvendo dende 2022 pola FEGAMP en colaboración co Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular (Firec) da Universidade da Coruña, e que pretende xerar un marco metodolóxico de colaboración entre as entidades locais, para crear e divulgar coñecemento xurídico aplicado ao ámbito local, e contribuír así ao desenvolvemento de capacidades e medidas eficaces destinadas á consecución dos obxectivos públicos locais en materia de residuos e xestión eficiente dos recursos.

Xornadas sobre “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas” FOGALEC