Itinerarios de Emprendemento Xuvenil da Fundación INCYDE no Programa FSE+ Emprego Xuvenil 2021-2027. Prazo: 29-10-2024

Data: 

mércores, 9 Outubro, 2024 (Todo o día) a martes, 29 Outubro, 2024 (Todo o día)

 

Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (INCYDE)

A Fundación INCYDE convida a participar como Entidade Beneficiaria presentando unha solicitude de financiamento para executar operacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no Programa de Emprendemento Xuvenil (PEJ) 2021 – 2027.

Obxecto

O presente anuncio ten por obxecto a selección de operacións para a execución de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil (PEJ).

A selección terá lugar en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia e obxectividade.

Beneficiarios

Poderán ser Entidades Beneficiarias das Axudas FSE+, aquelas entidades que tendo un obxecto e/o fins que comprendan a execución de operacións acordes cos obxectivos pretendidos, teña a condición de Organismo Público, Organismo de Dereito Público, Fundación pública ou privada e Institucións sen ánimo de lucro.

Non poderán asumir a condición de beneficiarias as entidades en quen concorra algunha das circunstancias do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

As operacións seleccionadas poderán executarse nalgunha das seguintes CCAA:

CATALUÑA

COMUNIDAD DE MADRID

GALICIA

COMUNIDADE VALENCIANA

Orzamento

CATALUÑA: O importe mínimo de gasto total para o desenvolvemento de cada operación é 200.000€. O cofinanciamento achegado polo FSE+ para a execución da operación será do 40%.

COMUNIDAD DE MADRID: O importe mínimo de gasto total para o desenvolvemento de cada operación é 200.000€. O cofinanciamento achegado polo FSE+ para a execución da operación será do 40%.

GALICIA: O importe mínimo de gasto total para o desenvolvemento de cada operación é 200.000€. O cofinanciamento achegado polo FSE+ para a execución da operación será do 60%.

COMUNIDADE VALENCIANA: O importe mínimo de gasto total para o desenvolvemento de cada operación é 200.000€. O cofinanciamento achegado polo FSE+ para a execución da operación será do 60%.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 09 de outubro de 2024 e finaliza o 29 de outubro de 2024.

A aplicación informática para a presentación de operacións pecharase automaticamente ás 13:00 CEST.

Só se permitirá a presentación dunha solicitude por entidade.

As solicitudes deberán presentarse on-line a través da páxina web da Fundación INCYDE (https://incyde.org/organismo-intermedio-fse/convocatorias/).

Os solicitantes deberán cumprimentar o formulario de solicitude en castelán.

Máis Información

O texto completo das convocatorias pode consultarse na web da Fundación INCYDE, Organismo Intermedio: https://incyde.org/organismo-intermedio-fse/convocatorias

 

Descargas: