Itinerarios de formación e experimentación para o emprendemento verde e/ou azul da Rede Emprendeverde

Data: 

mércores, 1 Setembro, 2021 (Todo o día) a martes, 30 Novembro, 2021 (Todo o día)

A Rede Emprendeverde ofrece unha formación integral, en liña e gratuíta onde mellorar competencias clave para impulsar a túa idea ou proxecto de negocio con impacto positivo para as persoas e o medio ambiente.

Impulsados pola maior rede de emprendemento verde en España, a Rede  Emprendeverde ( REV) do Programa Empleaverde, posto en marcha pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Ofrecen Webinars, módulos formativos, sesións de  networking e un sistema de xestión de aprendizaxe en liña para o desenvolvemento de competencias emprendedoras e para consolidar coñecementos teóricos-prácticos clave no lanzamento de emprendementos social e economicamente sostibles.

Os seminarios desenvolveranse de setembro a novembro de 2021.

enlightenedMáis información e incricións aquí: https://itinerarios.emprendeverde.es/?utm_campaign=itinerarios-emprendeverde-recordatorio&utm_medium=email&utm_source=acumbamail