LIÑA DE AXUDAS PARA O APOIO A MERCADOS, ZONAS URBANAS COMERCIAIS, COMERCIO NON SEDENTARIO E CANLES CURTAS DE COMERCIALIZACIÓN. PRAZO: 30-09-2021

Data: 

martes, 14 Setembro, 2021 (Todo o día) a xoves, 30 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Orde ICT/949/2021, do 10 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras da liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, e procédese á súa convocatoria no ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS ( Identif.): 583173.

Obxecto

A presente convocatoria ten por obxecto impulsar melloras na modernización, a través da transformación dixital e sostible, das canles de distribución, mercados municipais, áreas comerciais, mercados de venda non sedentaria e canles curtas de comercialización, que acometan entidades locais.

Beneficiarios

Poderán acollerse ás axudas establecidas nesta convocatoria as seguintes entidades locais:

Os municipios, representados polos seus respectivos concellos.

As provincias e illas a través das deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares.

As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, instituidas polas comunidades autónomas de conformidade coa Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e os correspondentes Estatutos de Autonomía.

As mancomunidades de municipios, a condición de que os municipios de poboación superior a 100.000 habitantes non representen máis do sesenta por cento do total da poboación da mancomunidade.

Proxectos subvencionables

Os proxectos subvencionables no marco deste Programa incluirán:

a) Proxectos para a adopción de ferramentas de información de clientes baseadas en macrodatos ou outras tecnoloxías.

b) Proxectos de transformación dixital de mercados que melloren o mercado omnicanal e a experiencia de compras.

c) Proxectos destinados á transformación dixital do comercio rueiro e as canles curtas de comercialización.

d) Proxectos de obras e reacondicionamento para mellorar as instalacións, a súa accesibilidade, equipamento e adecuación, das zonas ocupadas polos mercados municipais, áreas comerciais e mercados non sedentarios, así como as súas zonas adxacentes.

e) Proxectos para reducir o consumo de insumos por parte do comercio e a substitución destes por alternativas respectuosas co medio ambiente.

f) Instalación de puntos de entrega intelixentes.

g) Proxectos de mellora da eficiencia enerxética.

h) Accións que promovan a prevención de residuos (incluída a reutilización), a separación en orixe dos residuos e a preparación para a reutilización e a reciclaxe.

i) Sensibilización e formación en competencias tecnolóxicas.

Orzamento e límites das axudas para conceder

1. Os proxectos de investimento que se presenten para ser obxecto de financiamento deberán levarse a cabo no territorio nacional, e enmarcarse en, polo menos, unha das categorías de gasto contempladas no artigo 7 da presente orde.

2. O investimento mínimo a realizar dependerá do número de habitantes que os beneficiarios indicados no artigo 3 da presente orde teñan dentro da súa demarcación, conforme aos datos do Real Decreto polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal vixente no momento de presentar a solicitude:

a) Municipios de máis de 300.000 habitantes: investimento mínimo de 1.000.000,00 de euros.

b) Municipios de entre 100.000 e 300.000 habitantes: investimento mínimo de 500.000,00 euros.

c) Municipios de menos de 100.000 habitantes: investimento mínimo de 200.000,00 euros.

A efectos da determinación do investimento mínimo a realizar polos solicitantes de ámbito supramunicipal, terase en conta a poboación media dos municipios da súa demarcación onde se desenvolvan as actuacións subvencionables.

3. A axuda que se conceda imputarase á aplicación orzamentaria do programa 20.50.430A.76301 dos Orzamentos Xerais do Estado para cada exercicio, da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, procedentes do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia, ou o seu equivalente nos Orzamentos Xerais do Estado para cada exercicio.

4. A concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

5. O proxecto poderá ser cofinanciado polo beneficiario da axuda e pola comunidade autónoma no que se atope situado, podendo alcanzar este apoio ata o 40 % do orzamento financiable do proxecto.

6. O importe do financiamento para conceder segundo estas bases reguladoras será dun mínimo do 60 por cento e un máximo do 100 por cento sobre o orzamento do proxecto que fose considerado financiable.

7. En calquera caso, o importe do financiamento non poderá superar o custo da actuación.

Prazo de presentación de solicitudes

As candidaturas poderán ser presentadas desde o día seguinte á data de publicación deste extracto da orde de convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» ata o día 30 de setembro de 2021, inclusive.

A solicitude realizarase de maneira electrónica a través da sede electrónica do ministerio, a través do seguinte link: https://sede.serviciosmin.gob.es/es-https://sede.serviciosmin.gob.es/ registroelectronico

Descargas: