LIÑA DE AXUDAS PARA O APOIO A MERCADOS, ZONAS URBANAS COMERCIAIS, COMERCIO NON SEDENTARIO E CANLES CURTAS DE COMERCIALIZACIÓN 2023 (PRTR). PRAZO: 14-04-2023

Data: 

mércores, 15 Marzo, 2023 (Todo o día) a venres, 14 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Comercio do 10 de marzo de 2023, pola que se convoca para o ano 2023 a liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, no marco do PRTR. BDNS (Identif.): 681208.

Finalidade

As axudas teñen como finalidade financiar o desenvolvemento, polas entidades locais relacionadas no artigo 3 das bases reguladoras, de plans e proxectos de contido tecnolóxico, innovador ou de sustentabilidade, así como de mellora de equipamentos, dirixidos ao sector comercial que se atopa situado na súa demarcación.

Bases reguladoras

As bases reguladoras das axudas que se convocan para 2023 atópanse recollidas na Orde ICT/ 949/2021, do 10 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras da liña de axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e procédese á súa convocatoria no ano 2021, modificada pola Orde ICT/565/2022, do 15 de xuño e pola Orde ICT/99/2023, do 31 de xaneiro.

Beneficiarios

1. Poderán acollerse a estas axudas as seguintes entidades locais:

a) Os municipios, representados polos seus respectivos concellos.

b) As provincias e illas a través das deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares.

c) As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, instituidas polas comunidades autónomas de conformidade coa Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e os correspondentes Estatutos de Autonomía.

d) As mancomunidades de municipios, a condición de que os municipios de poboación superior a 100.000 habitantes non representen máis do sesenta por cento do total da poboación da mancomunidade.

2. Os beneficiarios supramunicipais deberán presentar un proxecto que afecte a varios municipios como proxecto único, facéndose responsables da súa execución e xustificación.

Dotación

A presente convocatoria conta cunha dotación orzamentaria de 60.892.477 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

As candidaturas poderán ser presentadas no prazo dun mes desde o día seguinte á data de publicación deste extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

A solicitude realizarase de maneira electrónica a través da sede electrónica do ministerio, a través do seguinte link: https://sede.serviciosmin.gob.es/es-https://sede.serviciosmin.gob.es/reg...

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 681208): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/681208

-Na Dirección Xeral de Política Comercial dependente da Secretaría de Estado de Comercio (Ministerio de Industria, Comercio e Turismo): https://sede.serviciosmin.gob.es

 

Descargas: