Data:

O Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) deu hoxe o visto e plácet ao seu 'Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidfades Locais'. Trátase dun instrumento deseñado para facilitar aos concellos galegos a aplicación da Lei de Transparencia, Acceso á Información e Bo Goberno do Executivo central, que entrará en vigor nas comunidades autónomas e municipios o próximo 10 de decembro.
O Plan da Fegamp ten como triplo obxectivo recuperar a confianza dos cidadáns cos seus representantes; previr eventuais casos de corrupción ou mala xestión; e reforzar a eficiencia das administracións.
Consta dunha Ordenanza-tipo, para que os concellos a aproben e a incorporen ao seu ordenamento xurídico local, e un código ético e de bo goberno, creado para que os concellos que o desexen se adhíran a él. O documento inclúe ademais unha serie de recomendacións prácticas para que as entidades locais, nomeadamente as de menor tamaño e as que contan con menos medios, teñan máis doado cumprir as esixencias legais.
A Fegamp fai un chamamento aos concellos para que afasten o debate sobre este Plan da lóxica loita partidaria e suxire que o axeitado sería que aproben a ordenanza ou se adhíran ao código ético por unanimidade, ou cando menos, cun amplo consenso.
Os interesados poden descargar o texto íntegro do 'Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais' da Fegamp na sección 'Acordos' da área de 'Documentación' desta páxina web.

Sede Electrónica