#LuzporlaELA

Data: 

luns, 21 Xuño, 2021 (Todo o día)

A Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica – AGAELA en nome da Fundación Luzón, realiza unha proposta de carácter solidario para o Día Mundial da ELA, que se leva a cabo desde fai varios anos e xunto ás Asociacións de Pacientes do resto de comunidades autónomas, como Comunidad Nacional da ELA, promoven #LuzporlaELA, unha acción de visibilidade nos Concellos de España coincidindo co Día Mundial da ELA, 21 de xuño.

Dita acción consiste en iluminar de cor verde (cor que simboliza a ELA) a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país en apoio e solidaridade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “La ELA existe”. En 2020, 250 municipios das 17 Comunidades Autónomas participaron iluminando de verde 400 monumentos de toda España. Todo un logro de participación e colaboración conxunta de todos/as.

Este ano, o obxectivo é chegar a máis persoas para que aquelas que aínda non coñecen a ELA poidan facelo, polo que pedimos que apoie esta iniciativa e se sumen á Campaña de sensibilización #LuzporlaELA, iluminando de verde varios monumentos ou edificios pertencentes ao seu concello, poñendo de manifiesto así, non só a beleza do patrimonio do noso municipio, senón tamén o impulso de actividades solidarias en favor de persoas enfermas como as que padecen ELA.

Por parte da Asociación, apoiarán a campaña con diferentes accións de comunicación a nivel nacional e tamén a nivel local. 

Máis información: https://ffluzon.org/proyectos/dia-mundial-de-la-ela/