MANIFESTACIÓN DE INTERESE PARA A DEFINICIÓN DE ACTUACIÓNS FINANCIABLES PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS CCAA E ENTIDADES LOCAIS

Data: 

luns, 24 Maio, 2021 (Todo o día) a luns, 7 Xuño, 2021 (Todo o día)

 

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública lanzou unha manifestación de interese a comunidades autónomas e entidades locais para definir actuacións destinadas a dixitalizar a administración: https://www.mptfp.gob.es/portal/prensa/actualidad/noticias/2021/05/20210...

O obxectivo é que a AXE, as CCAA e as EELL definan as actuacións que poderán desenvolverse con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia. Trátase de medidas incluídas no programa de investimento 3 do compoñente 11: Transformación Dixital e modernización do Ministerio de Política Territorial e Función Pública e das Administracións das Comunidades Autónomas e Entidades Locais.

Este financiamento ascende a 1.000 millóns de euros no período 2021-2023. Destes, 578,6 millóns corresponden ás CCAA; 391,4, ás EELL; e os 30 restantes, ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Para este exercicio, xa están comprometidos 136 millóns para as autonomías e 92 para as entidades locais.

enlightenedAs respostas poderanse enviar ata o 7 de xuño a través do formulario accesible a través da seguinte ligazón: https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/6017/jiTW 

enlightenedPode dirixir as súas consultas sobre esta manifestación de interese ao enderezo prtr@correo.gob.es

 

===ACTUALIZACIÓN ===

enlightenedDebe revisarse a proposta de actuacións  financiables recollidas na páxina 4 da Manifestación de Interese dispoñible na zona de descargas ao final desta páxina.

No caso de que unha Entidade Local considere necesario propoñer calquera outra actuación, deberá remitir un correo coa proposta de actuacións financiables adicionais ao correo da FEMP  mdi_mptc1121@ femp.es antes do xoves 3 de xuño ás 12 horas.

enlightenedAs achegas deberán facerse seguindo a plantilla que se adxunta na zona de descargas.

Posteriormente, será a FEMP, unha vez revisadas as achegas recibidas das Entidades Locais, a que cumprimentará o formulario da ligazón  https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/6017/jiTW

Para calquera dúbida respecto a esta manifestación de interese, pode dirixirse a haciendas@femp.es 

 

Descargas: