MANIFESTACIÓNS DE INTERESE MINISTERIOS - PROXECTOS COVID 19

No marco dos FONDOS EUROPEOS - Plan de Recuperación,Transformación e Resiliencia-, detállase a relación actualizada das MANIFESTACIÓNS DE INTERESE que os Ministerios están habilitando. Neste caso dos Ministerios de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

No PDF que pode descargar a continuación atopará información, con requisitos, documentación e prazos, referidos a estes ámbitos:

- Plan de choque de mobilidade sostible, segura e conectada en contornas urbanas e metropolitanas.
- Fomento da intermodalidade do transporte. Dixitalización do transporte.
- Flexibilidade do sistema enerxético de forma competitiva e sostible.
- Enerxías renovables.
- Fomentar a Economía circular no ámbito da empresa.
- Enerxía Sostible en illas.
- Comunidades Enerxéticas Locais.
- Despoboación: “Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana”.

O obxectivo das MANIFESTACIÓNS DE INTERESE é identificar o estado do mercado en torno a proxectos, iniciativas ou liñas de actuación dos ámbitos correspondentes obxecto das manifestacións.

Esta relación irá actualizándose conforme se publiquen novas Manifestacións de interese. 

Descargas: