As manifestacións de interese (MDI) son consultas públicas aos potenciais beneficiarios dos fondos europeos para que trasladen propostas que contribúan a definir os Proxectos Estratéxicos para a Transformación e a Recuperación Económica, os PERTE, e que estarán enmarcados nas políticas palanca do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia da economía,o cal debe ser avaliado e aprobado pola UE.
- Dado que a presentación dunha manifestación de interese non xera ningún dereito nin vinculación xurídica nunha futura convocatoria, ten algunha vantaxe participar nunha manifestación de interese?
Participar nas expresións de interese é unha boa oportunidade de facer ver as necesidades detectadas no territorio e de posibilitar que se tomen en consideración na planificación estatal e se poidan incorporar aos proxectos estratéxicos nos que encaixen os nosos proxectos. Ademáis disto, é un bo exercicio para ir traballando nos proxectos, de tal xeito que xa se atopen nun estadio máis maduro e sólido cando saia a pertinente convocatoria.
- Onde podo atopar convocatorias de manifestacións de interese abertas?
Os ministerios publicitan estas convocatorias nas súas páxinas web, habitualmente nas súas seccións de Participación Pública, sen que exista polo momento un espazo estatal que centralice toda estas convocatorias.
A Xunta de Galicia creou o portal nextgenerationgalicia.gal, onde recolle distintas convocatorias de MDI, ademáis doutra información de interese.