Data:
RD-Ley 27/2020, de 4 de agosto
Norma + Guía-índice + nota explicativa
Índice dos contidos de interese para as EE.LL.:
Art. 1: Prórroga da Disposición Adicional 6 LOEPSF (Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera): destino do superávit de 2019 a IFS (Inversións Financeiramente Sostibles).
Art. 2: Prórroga execución de IFS de 2018 ata 2021.
Art. 3: Préstamo voluntario do RTGG (Remanentes de Tesouraría para Gastos Xerais), a devolver nun máximo de 15 anos.
Art. 6: Destino do Superávit de 2019 a Gastos Xerais, é dicir, excepción da amortización de débeda do art. 32 LOEPSF (sempre que se cumpra coa estabilidade orzamentaria)
Arts. 7, 8: Medidas de apoio a municipios con problemas de liquidez e revisión das condicións dos préstamos co Fondo de Financiamento a EELL.
Art. 9: Tramitación de créditos extraordinarios e suplementos urxentes relacionados coa crise económica e sanitaria por Decreto de Alcaldía e inmediatamente executivos. Posterior convalidación de Pleno.
Arts. 10, 11, e 12: medidas en materia de endebedamento, de cancelación de préstamos e de conversión de débeda a longo prazo.
Art. 13: Os saldos debedores da liquidación definitiva da Participación nos Tributos do Estado (PIE) descontaranse nas entregas a conta: trimestralmente ata o 25% e máximo 3 anos.
Disposición Adicional 2: En 2020 non se esixe o cumprimento da Regra de Gasto.
Disposición Adicional 4: I.V.E. 0% ata 31/10/2020 aos produtos para combater o COVID.
Disposición Final 6: Entrada en vigor das previsións da Lei 39/15 sobre rexistro electrónico e arquivo único a partir do 2 de abril.
Para consultar a NORMA prema aquí: RDL 27/2020, de 4 de agosto, de medidas financieiras extraordinarias e urxentes aplicables a EE.LL
Publicada a derogación do RDL 27/2020 no BOE de 11 de setembro de 2020.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Nota explicativa FEMP | 273.82 KB |
Resolución BOE condicións financeiras préstamo Entidades Locais | 255.52 KB |
Acordo derogación RDL 27/2020 | 208.13 KB |