Mesa Nacional Galega de Formación

Data: 

xoves, 21 Abril, 2016 - 11:00

A sede da Fegamp acolleu a celebración da Mesa Nacional Galega de Formación, para elaborar a proposta formativa de cara a este ano 2016. Na xuntanza estiveron presentes representantes dos sindicatos (UGT, CC.OO e CSI.F), dous técnicos de Formación da Fegamp e o secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde.

Aprobouse o plan interadministrativo para 2016, que conta con 29 accións formativas, cun total de 860 horas de formación, dirixidas a 1260 participantes nos cursos.

A previsión é que a finais de maio se faga o axuste, para poder aprobar xa o plan definitivo cos cursos que finalmente se impartirán.

galer_a_fotos