A Mesa pola Normalización Lingüísitica busca apoio na Fegamp

Data: 

mércores, 13 Setembro, 2017 - 14:00

O presidente da Fegamp, Alfredo García, recibiu aos responsables do lanzamento da ILP impulsada pola Mesa pola normalización lingüística para garantir os dereitos lingüísticos do galego no ámbito socioecnómico e que supera xa as 25.000 firmas. Os responsables da iniciativa buscaban hoxe máis apoios para recabar os máximos posibles nestas últimas semanas antes da súa presentación. Estaban presentes na reunión o presidente da Mesa Marcos Maceiras Eiras, e a secretaria xeral, Mónica Pazos.