Núremberg (Alemaña), 27 de maio de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o Centro Galego de Núremberg, onde mantivo un encontro coa súa directiva e os seus socios e socias, para coñecer a situación da colectividade española e galega nesta cidade así como as súas inquedanzas e necesidades.
Rodríguez Miranda agradeceu a esta entidade, fundada en 1992, o seu traballo por manter os lazos entre as e os galegos afincados nesta rexión do norte do estado de Baviera, dado o intenso traballo que realizan en prol de toda a colectividade, á vez que promocionan a nosa cultura.