Data:
venres, 1 Decembro, 2023 (Todo o día)
Caracas (Venezuela), 1 de decembro de 2023.
Na visita do secretario xeral da Emigración ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, este comprometeu unha mellora superior ao 10% no apoio aos centros para o coidado dos galegos e galegas máis maiores do exterior, recollido xa no proxecto de orzamentos para 2024.
Durante este percorrido polo Centro de Día, puido observar directamente as actividades e os servizos que se ofrecen. Este espazo non só proporciona coidados e apoio ás e aos membros maiores da comunidade, senón que tamén actúa como un centro de encontro e de mantemento das tradicións e cultura galegas.