Miranda mantén un encontro co CRE de Berlín trasladándolle as medidas da Estratexia Galicia Retorna e os programas de apoio a entidades e galegas e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para súa a difusión

Imaxe da reunión celebrada hoxe en Berlín
Imaxe da reunión celebrada hoxe en Berlín
 
Berlín (Alemaña), 28 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta do Consejo de Residentes Españoles (CRE) de Berlín, María González Barro, quen estivo acompañada por José Penedo, membro electo deste CRE. Durante esta reunión trasladóuselle as novas medidas da Estratexia Galicia Retorna, así como os programas de apoio a entidades e galegas e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para a divulgación das mesmas entre as e os galegos deste país.

Ademais, o secretario xeral da Emigración tamén recolleu durante este encontro todas as peticións de información que se lle realizaron sobre os distintos programas da Xunta que benefician ás entidades e os residentes galegos e galegas no exterior e, a maiores, Rodíguez Miranda ofreceu a súa colaboración ao CRE en aquelas cuestións que foran necesarias para axudar ás cidadás e cidadáns galegos na capital alemá, onde, na actualidade, viven máis de 11.000 españois e españolas.