Bases reguladoras e convocatoria 2021 subvencións transformación dixital e modernización das Entidades Locais

Data: 

domingo, 7 Novembro, 2021 (Todo o día) a mércores, 15 Decembro, 2021 (Todo o día)

 

Con data de 6 de novembro de 2021 publicouse no BOE a Orde  TER/1204/2021, do 3 de novembro, pola que se aproban as Bases reguladoras e Convocatoria para 2021 das Subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O importe total máximo das subvencións ascende a 92,77 millóns de euros e a asignación entre as distintas entidades beneficiarias efectuarase do seguinte modo:

  • O 45 % do importe total, 41.746.500 euros, distribuirase entre os municipios con poboación superior a 250.000 habitantes
  • O 55 % restante, 51.023.500 euros, distribuirase entre os municipios con poboación entre 50.001 e 250.000 habitantes ou con poboación inferior se son capital de provincia. 

OBXECTIVO: Estas subvencións son para que os municipios con máis de 50.000 habitantes, ou con poboación inferior se son capital de provincia, melloren e modernicen a súa organización coa incorporación de tecnoloxías da información, dixitalización dos procedementos administrativos e adaptación da súa xestión a medios dixitais.

BENEFICIARIOS: Terán a consideración de entidades beneficiarias das axudas os concellos dos municipios con poboación superior a 50.000 habitantes, de acordo coas cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020, así como os de poboación inferior que teñan a consideración de capital de provincia.

O anexo V recolle a contía máxima da axuda que corresponde a cada un destes municipios. Dita contía determinouse en función do seu número de habitantes, tendo en conta as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal, referidas ao 1 de xaneiro de 2020. As subvencións irán destinadas a financiar os proxectos que presenten as entidades locais beneficiarias, ata o importe máximo que corresponde a cada entidade. Esgotado ese importe, procederíase á desestimación das restantes solicitudes que a entidade puidese presentar.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: na sede electrónica do Ministerio de Política Territorial de forma telemática desde o 7 de novembro de 2021 ata o 15 de decembro de 2021 (15:00 horas), a través da seguinte ligazón: 

https://www.mptfp.gob.es/portal/politica-territorial/plan_de_ recuperacion_ transformacion_e_resiliencia/convocatoria.html.

Nesta ligazón poderá atopar tanto os documentos modelo para os Anexos como Guías técnicas sobre os aspectos xerais e específicos das diferentes liñas de actuación e o formato do proxecto ou memoria técnica.

 

 

 

 

 

 

 

Descargas: