Nova xuntanza da Comisión Executiva da FEGAMP

Data: 

martes, 19 Marzo, 2024 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) celebrou hoxe a xuntanza mensual da súa Comisión Executiva, na que participaron todos os seus alcaldes e alcaldesas membros.

Os traballos da xuntanza comezaron co informe da Presidencia, que foi presentado por Alberto Varela, presidente da FEGAMP, salientando a xuntanza mantida cos representantes do Colexio do Traballo Social de Galicia, a participación no último Consello de SOGAMA e no vindeiro Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

De seguido, interveu a secretaria xeral, Patricia Vilán, que, entre os temas do seu informe salientou a proposta que se vai achegar aos grupos do Parlamento de Galicia para a modificación da Lei de Turismo de Galicia, de acordo coa Asociación Galega de Autocaravanas. Tamén sinalou a participación nas xuntanzas do Secretariado do Consello Territorial da FEMP e do Consello Interdepartamental de Coordinación para a prevención e atención das condutas suicidas, entre outros temas.

A xuntanza tamén abordou os traballos en marcha do proxecto CEL RURAL, así como as xestións sobre os coa USC e co Fondo Galego de Cooperación.

Comisión Executiva FEGAMP 20240319