Data:
Os días 10 e 11 de maio celebrarase en Ourense a duodécima edición do PREVISEL “Salón da prevención e seguridade laboral”, que consistirá en dúas xornadas técnicas e talleres que se desenvolverán no recinto feiral de Expourense. O evento está dirixido a técnicos de emerxencias sanitarias e xestores de emerxencias de Galicia.
Nas xornadas intervirán diferentes expertos coa finalidade de fomentar a cultura preventiva. Abordaranse temas como a prevención de riscos laborais en distintas profesións, a problemática da ventilación en garaxes, o acoso laboral ou a protección contra incendios nas empresas, entre outros asuntos. Tamén haberá talleres de reanimación cardiopulmonar, reciclaxe ou riscos eléctricos.
Para máis información ou para inscribirse nos talleres poden contactar a través do email expourense@expourense.org ou do teléfono 988 366 030.