
“Intersections of Migration and Work” é o título da trixésimo terceira edicióndo encontro anual da Asociación Europea de Institucións Migratorias (AEMI). Un encontro que xuntou durante tres días en Liubliana (Eslovenia) aos representantes de entidades migratorias en toda Europa cun programa que deita a súa ollada sobre a diáspora migratoria desde unha perspectiva de xénero. Nel participa o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG).
AEMI É unha entidade creada en Alemaña en 1991 para estudar os antecedentes migratorios, a migración intraeuropea e a inmigración. Está conformada por corenta entidades de toda Europa.

Sede Electrónica