Data:
O Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE), da Universidade de Santiago, organiza para o próximo 14 de outubro unha xornada conmemorativa do XXX aniversario da sinatura da Carta Europea de Autonomía Local, que terá lugar no salón de graos da Facultade de Ciencias Políticas da USC. Na inauguración participará ese día, ás 10,30h, o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, a decana da Facultade de Políticas compostelá, María Antonia Arias Fernández, e o profesor da Facultade de Dereito e director do CEDE, Carlos Teijo García.
Unha das mesas redondas da parte vespertina da xornada, concretamente a titulada 'As Perspectivas da Autonomía Local segundo os seus Protagonistas', contará coa participación do alcalde da localidade coruñesa de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, en representación da Fegamp.
Outros dos asuntos que se van debatir nesa xornada son a xénese da Carta Europeo, a súa garantía, a vertente financeira ou o valor e efectos da Carta.