Data:

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025.- A secretaria xeral da Federación Galega de Muncipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, acompañada por Andrés Núñez, técnico da FEGAMP, mantiveron unha reunión con David Gontán, coordinador do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, e con Antonio Doval, responsable do Grupo de Intervención en Emerxencias Sociais (GIES), para presentar este GIES e para trasladar como vai funcionar este grupo, para que as entidades locais poidan estar informadas.
O GIES foi presentado oficialmente o pasado 20 de xuño nun acto na sede da Axega na Estrada, e é a primeira vez que Galicia contará con este grupo especializado de traballo social na intervención en emerxencias e grandes catástrofes. Nesta primeira promoción saíran máis de 80 profesionais especializados en emerxencias, dispostos a ser activados polo posto de mando.