O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participa nos actos do Día da Hispanidade en Mar del Plata

Data: 

martes, 17 Outubro, 2023 (Todo o día)
Mar del Plata (Arxentina), 17 de outubro de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou nos actos do Día da Hispanidade que organizou a comunidade española  en Mar del Plata no Palacio Municipal.  

Xunto ao delegado da Xunta na Arxentina estivo tamén presente no acto a embaixadora de España, María Jesús Alonso, o cónsul xeral, Fernando García Casas, a vicecónsul en General Puyrredon, Claudia Álvarez Argüelles, e a directora de Cooperación Internacional y Colectividades de General Pueyrredon, Cecilia Torres, xunto a outras autoridades e representantes de todos os centros españois na localidade. A xornada rematou cun banquete no Centro Gallego de Mar del Plata. 

Escoitar