Data:

A Coruña, 7 de abril de 2026.- Unha delegación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada polo seu presidente, Alberto Varela, mantivo unha reunión co Delegado do Goberno, Pedro Blanco, para coñecer a posición do Goberno de España no proceso aberto para modificar o Regulamento Xeral de Costas.
A reunión celebrouse despois da mantida coa conselleiera de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ánxeles Vázquez, e xunto con presidente asistiron Ángel Moldes, vicepresidente primeiro e alcalde de Poio; Secundiono García, vicepresidente segundo e alcalde San Sadurniño, e María Barral, vicepresidenta executiva e alcaldesa de Betanzos.
Alberto Varela lembrou a función representativa da FEGAMP do municipalismo galego, polo que quérese recibir toda a información sobre a modificación deste regulamento motivada pola normativa europea, para achegarla aos concellos, especialmente aos costeiros, sendo coñecedores do dificil e necesario equilibrio entre a ocupación do domino publico e a actividade económica.
Tamén destacou que pola tarde a FEGAMP tamén iba participar no grupo de traballo convocado pola consellería de Medio Ambiente, para analizar as posibles alegacións ao Anteproxecto de Real Decreto que modifica o Regulamento Xeral de Costas, que poden presentarse ata o 15 de abril, despois de que o Ministerio de Transición Ecolóxica ampliase o prazo.

Sede Electrónica