Data:
O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (EDIFICIO FONTÁN).
Está organizado e promovido polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, do que forma parte a Fegamp, será un evento integrador que aglutinará a entidades referentes como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), ás principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e a axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
Destinatarios: Administracións públicas locais, autonómicas e nacionais. Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade. Persoal de entidades académicas e de investigación. Cidadanía: familias, estudantes, cidadáns interesados en coñecer máis de preto o sector.
Contará con actividades como paneis de debate, sesións informativas, obradoiros e concursos de ciberseguridade destinados ao tecido empresarial, á cidadanía e á Administración pública.
O evento desenvolverase presencialmente, aínda que existirá a posibilidade de seguilo en streaming.
Para máis información e inscrición: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/evento-cibergal
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Programa do encontro | 1.06 MB |