O expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata traslada ao secretario xeral da Emigración o interese da colectividade na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta

Data: 

xoves, 19 Outubro, 2023 (Todo o día)
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata, Francisco Solla, quen lle trasladou o interese da colectividade galega na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta. 

Pola súa banda, Rodríguez Miranda destacou o labor que Solla desenvolveu durante anos á fronte desta entidade que conta, dende 2004, cun centro de día co obxectivo de promover o apoio socio asistencial das persoas maiores a través da súa atención integral con carácter de servizo preventivo e de integración social. Na cidade de Mar del Plata reside unha importante colonia de persoas galegas e a súa descendencia que, a través deste centro, reciben un apoio socioasistencial importante no caso de aquelas e aqueles que teñen máis dificultades económicas. 

Escoitar