Carlos Fernández Castro participou na inauguración da xornada sobre Plans Locais de Inmigración que se celebraron onte en Santiago.
A aprobación e posta en práctica de plans no eido da inmigración por parte das entidades locais é fundamental para facilitar a integración social das persoas inmigrantes dun xeito efectivo.
A través desta xornada, que cofinanciou o Ministerio de Traballo e Inmigración, a Secretaría Xeral de Emigración persegue impulsar e apoiar a elaboración de plans locais de inmigración e de mecanismos de participación de ámbito local ou supralocal.
Na xornada abordaronse diferentes aspectos das políticas locais de inmigración e presentouse a Guía para a elaboración de plans locais no eido da inmigración, elaborada pola Secretaría Xeral de Emigraci&oa