O PRESIDENTE DA FEGAMP, CARLOS FERNÁNDEZ CASTRO, INCORPÓRASE AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE SOGAMA



 

Cerceda, a 26 de xuño de 2008. - O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos A. Fernández  Castro, incorpórase a partir de hoxe ás reunións do Consello de Administración de Sogama, no marco do Acordo subscrito entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP, e a través do cal se establece o contido e desenvolvemento do Pacto Local que rexe na nosa Comunidade Autónoma.

Tomando como referencia la Cláusula II incluída no devandito Acordo Recoñecemento de competencias aos Concellos. Unha responsabilidade compartida, e máis concretamente o apartado C, no que se alude á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, decidíuse no seu momento crear unha comisión mixta paritaria para estudar e propoñer unha fórmula de participación da Administración Local nos órganos de dec